Copyright ©2012 Nico Casal. Todos os dereitos reservados.

Xaneiro 2012
Nico colaborou na orquestración e no arranxo da música do anuncio de nadal de Guinness para as televisións británicas: "Guinness Black and White Christmas".

Actualmente está compoñendo a música orixinal dunha serie de pequenos documentais sobre a Natureza Galega dirixidos por J. Roberto Fernández .

 

Decembro 2011
Realiza a composición da banda sonora da curtametraxe "A Reforma", dirixida por Alejandro Goris, rodada en Santiago de Compostela e producida por Finetea Comunicación.

 

Octubro 2011
Realiza a composición da música orixinal do video coorporativo para a páxina web de Noetrainers Wellness Center www.noetrainers.com, dirixido por Pablo González Fernández (www.pgfernandez.es).

 

Setembro 2011
Múdase a Londres a estudiar o Máster “Composing for Moving Images” na City University London.

 

Xullo-Agosto 2011
Realiza a composición da Banda Sonora da curtametraxe "La decisión", dirixida por Claudio Gibert, rodada en Barcelona. 

Colabora como pianista na grabación da música para unha producción de "laBeca" no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Música composta por Xavi Font (www.xavifont.com)

Compoñe a música orixinal para unha secuencia do documental "Civilizaciones", encargo do Planetario da Casa das Ciencias en A Coruña.

 

Xuño 2011
Lánzase en internet NIGHTSURF, dirixido por Iker Elorrieta, sobrepasando as 230.000 visitas os primeiros quince días e ocupando un posto destacado en numerosas revistas e publicacións online de todo o mundo.

Realiza a banda sonora da curtametraxe "Alter Ego", dirixida por Mario Oliva. Realizada e producida pola Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla.

Finaliza a composición da banda sonora da curtametraxe "Helado de naranja", dirixida por Ángel Jiménez.

 

Maio 2011
Actualmente está traballando na Banda Sonora da curtametraxe "Helado de naranja", realizada na Universidade Ramón Llull de Barcelona, e dirixida por Ángel Jiménez.

A curtametraxe Dies Dei, dirixida por Nani Matos, seleccionada no "XI Festival Internacional de Cortometrajes al Aire Libre" na cidade de Barranquilla, Colombia.

 

Abril 2011
Participa no Curso de Música para Cine e Televisión impartido por Oscar Navarro en Pontevedra.

A curtametraxe Missed call, dirixida por Nuria García Montiel, seleccionada no IV Festival de Curtas de Sada.

Entrevista en O Xornal de Galicia.

 


Xaneiro-Marzo 2011
A curtametraxe Dies Dei, seleccionada no "Taos Short Film Fest" en Novo México (USA)

Comeza a composición da Banda Sonora do novo traballo de Giuliana Monteiro, "My grandmother's dream", rodado en Chicago.

Outubro-Decembro 2010
Comeza o Curso de Composición impartido por Antón García Abril na Escola de Altos Estudios Musicais, e continúa a súa formación en Estudio Escola de Música estudiando Armonía con Suso Atanes e piano con Javier Constenla.

Entrevista para o programa Cultura 10 da Televisión de Galicia.

Participa no Obradoiro de Música para Cine celebrado dentro de Curtopía, "I Festival Internacional de Curtametraxes de Vigo" impartido polo compositor Xavier Font (www.xavifont.com)


Setembro 2010

Realiza un Curso de Dirección con Francisco Javier Gutiérrez organizado pola Federación Galega de Bandas dentro do seu II Campus Musical. Celebrado no Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.

Estréanse as curtametraxes “Hide and Seek” e “Missed call” na Fundación Luis Seoane, en A Coruña, realizadas por Nuria García Montiel na New York Film Academy.


A curtametraxe The Birthday Cake, seleccionada no Chicago International Film Festival.

Xuño 2010
Compuxo e interpretou a música para o anuncio de Amstel “The Amstel Surfari” dirixido por Iker Elorrieta e rodado en Bizkaia. Preseleccionado para os " V Premios Jerry Goldsmith" na categoría de mellor música para Publicidade.

Maio 2010
Finaliza a composición da Banda Sonora Orixinal das curtametraxes Missed Call e Hyde and Seek, dirixidas por Nuria García Montiel e realizadas na New York Film Academy.

Abril 2010
A curtametraxe The Birthday Cake, seleccionada no "San Francisco International Children's Film Festival".

A curtametraxe Dies Dei, de Nani Matos, seleccionada no "Festival Internacional de Cine Pobre Humberto Solás de Gibara", Cuba, e no "Valsusa Filmfest" en Condove, Italia. Con máis de 300 obras presentadas de Italia, Francia, España, Suiza, Polonia e Arxentina, será xunto con outra curtametraxe, as únicas cintas españolas que optarán a un galardón.

A curtametraxe O Noveno Principio, de Iván Seoane, seleccionada no "Festival de Curtas de Sada".