Copyright ©2012 Nico Casal. Todos os dereitos reservados.

Nicolás Casal nace en Santiago de Compostela no ano 1985. No ano 2004 trasládase a Vigo a realizar o Grado Superior na Especialidade de Piano, rematándoo no ano 2009 e obtendo un Sobresaínte no seu Concerto Fin de Carreira.

Ampliou a súa formación pianística con profesores como Manuel Carra, Albert Atenelle, Ludovica Mosca, Mº Jesús Crespo Morell, Andrés Alén e Miguel Vizoso. Participou tamén nos VI, VII e XI "Ciclos de novos intérpretes" organizados pola “Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza”.

Entre os anos 2003 e 2008 forma parte do coro "Collegium Compostellanum" e no 2006 realiza un curso de Iniciación ao Teatro con Theodor Smeu Stermin.

foto_bio

No campo audiovisual, dende o ano 2005 vén compoñendo a Banda Sonora Orixinal de traballos de directores como Jairo Iglesias, Iván Seoane, Nani Matos, Giuliana Monteiro, Dani López , Jorge Coira ou Iker Elorrieta. Participau nos anos 2006 e 2007 nos I e II Seminarios de Composición de Música para Cine organizados pola Fundación Mans-Paideia en A Coruña, onde recibiu clases de Jose Vinader, Sergio Moure, Juan Bardem, Lucio Godoy, Ángel Illarramendi, Nani García, Roberto Cueto, Christopher Slaski, Javier Ferreiro, Bernardo Fuster e Stephen Warbeck.

No tocante a súa traxectoria profesional cabe destacar que entre os anos 2006 e 2011 traballa como profesor de piano na Escola Municipal de Música de Vigo , e forma parte do Equipo Técnico do Festival de Música "Via Stellae" realizando labores de coordinación e de producción dende a súa segunda edición.

En 2019 e 2010 amplía a súa formación na Escola de jazz Estudio, de Santiago de Compostela, asistindo a clases de Piano con Javier Constenla e de Armonía con Suso Atanes. Ao mesmo tempo realiza o Curso de Composición impartido por Antón García Abril na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.

Actualmente vive en Londres onde estudia o Master "Composing for Moving Images" na City University London.